O manual como esqueleto: os 8 apartados de PROENS, na orde e coa lóxica que pide a Administración.
Linguaxe común no claustro: que pide cada apartado e por que, sen tecnicismos innecesarios.
O apartado de programación decide notas. E dentro del, a avaliación é onde máis se suspende.
Manual de axuda para a elaboración das programacións didácticas — Consellería de Educación, v1.0.1 (xuño 2023), 58 páxinas. Infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Dos decretos de currículo LOMLOE galegos: 150/2022 (infantil), 155/2022 (primaria), 156/2022 (ESO) e 157/2022 (bacharelato).
Portal da Consellería (edu.xunta.gal, nodo 40229) e portal PROENS. É o criterio co que a inspección le a túa programación.
Verificación apartado a apartado antes de gravar en PROENS: nada queda sen cubrir.
É a rúbrica implícita do tribunal: cada ítem da lista é unha pregunta que che poden facer na defensa.
Non ao final: repasa a checklist do apartado 5 mentres deseñas a avaliación, non despois.
Indicadores para avaliar como ensinas: adecuación das tarefas, clima de aula, axuste dos tempos, resposta á diversidade…
Seguimento periódico (a través do seguimento de PROENS), avaliación final e propostas de mellora para o curso seguinte.
Explicar o funcionamento xeral dos órganos de goberno do concello, das comunidades autónomas e do Estado español…
Explicar o funcionamento xeral dos órganos de goberno da Unión Europea…
O alumnado demostra o coñecemento a través dunha evidencia escrita: probas obxectivas, exames…
O desempeño compróbase cunha lista de ítems ou escalas: rúbricas, listas de cotexo, escalas de observación…
Nomear os procesos fundamentais da nutrición relacionándoos coas estruturas…
Explicar os procesos… coas estruturas do aparello dixestivo e do excretor.
Explicar os procesos fundamentais da nutrición [sen o resto].
Exemplo do manual — UD6 = 40 % proba escrita + 60 % táboa de indicadores. Aquí desglósase:
40 % = 1º exame 15 % + 2º exame 25 %
60 % = rúbrica 50 % + escala de observación 10 %
| Perfil do criterio | Grao 1 | Grao 2 | Grao 3 |
|---|---|---|---|
| Cognitivo / cognitivo-motor | Identifica · recoñece | Emprega · aplica | Xustifica · crea |
| Actitudinal / socioafectivo | Recoñece · identifica | Xestiona | Regula · autorregula |
= explicar oralmente cun debuxo ou un exemplo.
«Crear» = inventar un caso parecido ao que se acaba de resolver.
= argumentar o procedemento, comparar estratexias, detectar e corrixir erros propios con criterio.
| Peso na proba | Grao 1 | Grao 2 | Grao 3 |
|---|---|---|---|
| INEE · 4º EP | 30 % | 45 % | 25 % |
| Adaptación · 2º EP | 40 % | 45 % | 15 % |
Recoñece a meta dun proxecto motor sinxelo e se se acadou só con apoio (pregunta guiada ou imaxe).
Recoñece por si mesmo/a a meta e se se acadou, aínda que de forma irregular (nalgúns proxectos si e noutros non).
Recoñece a importancia de poñer da súa parte e valora se se acadou a meta a partir dos resultados, de forma habitual.
Faino con precisión tamén en proxectos ou xogos novos, sinalando que resultado concreto mostra se se acadou a meta.
Identifica as emocións básicas só con apoio visual (caras, debuxos) e xestionaas só coa guía directa do mestre.
Identifica por si mesmo/a algunha emoción que sente no xogo e tenta xestionala, aínda que de forma irregular.
Identifica as emocións que sente e tenta xestionalas de forma habitual (respirar, agardar, pedir axuda), gozando da actividade.
Faino tamén en situacións novas ou de máis tensión (competir, perder) e explica que fai para sentirse mellor.
Porta de entrada con apoio (opcións, modelo, primeiro paso feito). Se alguén non chega, a proba está mal deseñada. N0 · en proceso: aínda non é o mínimo.
O criterio sen axuda. Coa A e parte da B chégase ao 5: aquí está a fronteira do mínimo (N1); toda a B é o N2.
O mesmo verbo nunha situación nova ou con máis elementos: N3.
| O alumno fai… | Puntos (3 · 4 · 3) | Nivel | Cualificación |
|---|---|---|---|
| Só a A | 3 | N0 · 2,5 | IN |
| A + parte da B | 5 | N1 · 5 | SU |
| A + toda a B | 7 | N2 · 7,5 | BE · NT |
| A + B + C | 10 | N3 · 10 | SB |
Si cambias la evaluación, lo cambias todo.Neus Sanmartí
| Avaliar para regular | Avaliar para cualificar | |
|---|---|---|
| Pregunta | Por que aparecen as dificultades? Como axudar? | Que resultado obtivo? |
| Momento | Durante todo o proceso | Ao final |
| Protagonista | Alumnado e docente | Docente / institución |
Regula o docente: recolle datos, entende o razoamento do alumno e axusta o seu ensino.
Regula o alumno: é el quen analiza o seu traballo e decide como mellorar. A meta final.
Certifica ao final. Lexítima — pero o seu resultado depende da calidade da regulación previa.
Catro preguntas fixas: que aprendín hoxe? como? que aínda non entendo? que podo facer para melloralo?
Verde: seino e podo explicalo · Ámbar: fágoo con axuda · Vermello: necesito volver empezar. Serve para reagrupar a sesión seguinte.
Coa rúbrica diante: dous acertos + unha proposta concreta de mellora. Nunca unha nota.
Borradores + versión final + reflexión de por que cambiou. O alumno escolle as evidencias que mostran que aprendeu.
| O manual pide… | Sanmartí achega… |
|---|---|
| Mínimos claros, sinxelos, que informen ao alumnado e ás familias | Criterios de avaliación compartidos e comprensibles |
| Táboa de indicadores como instrumento maioritario | Rúbricas co-construídas, dianas, listas — usadas tamén en autoavaliación |
| Recuperación ao longo do curso, sen topar nota nin promediar co suspenso | O erro como punto de partida; regulación continua ata acadar a aprendizaxe |
| Avaliación inicial que non cualifica | Diagnose de ideas previas para adaptar o ensino |
| Sen peso para asistencia ou comportamento | Feedback sobre a tarefa, nunca sobre a persoa |