Introduce o contrasinal para ver a checklist de reclamacións.
Contrasinal incorrecto
Reclamación de cualificacións e da decisión de non promoción
Educación Primaria · Centro público · Tramitación pola aplicación
Protocolos Educativos (edu.xunta.gal/protocoloseducativos)
Marco legal: Instrución 2/2026 + Orde do 26/05/2023 (Decreto 155/2022), arts. 30–34. Anexo I.a.
Solicitudes separadas. Faise unha solicitude distinta por cada cousa que se reclame:
unha por Lingua Galega, outra por Lengua Castelá, outra por Matemáticas
(cualificacións) e outra pola decisión de non promoción. O pai decide cales presenta:
ata 4 expedientes independentes.
Progreso da tramitación0%
0
Fase previa · Aclaracións (informal)
Antes de calquera escrito. Prazo: antes de que remate o prazo de revisión ante a dirección.
1
Fase 1 · Revisión NO CENTRO
Resólvea a dirección do centro. Data límite global: 30 de xuño de 2026.
Documentos que xera o centro en cada expediente de revisión
Cualificación de área (Lingua/Lengua/Mates): informe motivado do/a docente que imparte a área (feitos previos + ratificación ou modificación da nota, fundamentada na programación didáctica). Achéganse os instrumentos de avaliación escaneados (exames, traballos, rexistros) e o seguimento da programación.
Acta/informe da reunión do equipo docente que analiza a solicitude e o informe do docente (modelo anexo II.c).
Decisión de promoción: acta da reunión do equipo docente sobre os criterios de promoción da concreción curricular (modelo anexo II.d).
Resolución da dirección razoada, ratificando ou modificando (modelo anexo II.e), entregada á familia.
2
Fase 2 · Reclamación ante a DIRECCIÓN TERRITORIAL
Só se, tras a resolución do centro, persiste o desacordo. Resólvea a DT con informe de Inspección.
Documentación do expediente que o centro envía á Dirección Territorial
Solicitude de reclamación ante a DT (familia).
Solicitude de revisión presentada antes á dirección (familia).
Informe da dirección coas datas de entrega das cualificacións e comunicacións á familia.
Informe motivado do/a docente da área (só reclamacións de cualificación).
Informe do equipo docente / acta da sesión.
Copia da resolución da dirección.
Copia da programación didáctica e do seu seguimento (cualificacións) ou do apartado da concreción curricular cos criterios de promoción.
Copia dos instrumentos de avaliación empregados durante o curso.
Copia da acta de avaliación final.
De ser o caso, novas alegacións da familia e informe da dirección sobre elas.