Como ler esta páxina
OBX: obxectivo de área. Esta SdA toca OBX6 (diversidade) e OBX7 (participación cívica).
CA: criterio concreto. Mostra código, Bloom, trimestre e peso.
Sesións S1-S6: as cápsulas clicables levan á slide correspondente da presentación.
Produto final: eleccións de cargos + reparto de departamentos da tenda.
Distribución por trimestres (peso global da SdA)
1ºT · 20%
2ºT · 30%
3ºT · 50%
1º T · Diversidade e convivencia na clase (CA3.1 introducidos)
2º T · Igualdade, conflitos, normas comúns (CA3.2, CA3.3 introducidos)
3º T · SdA completa: sistemas de goberno + eleccións + tenda (CA3.3, CA3.4 produto)
Recoñecer e valorar a diversidade e a igualdade de xénero, mostrando empatía e respecto por outras culturas e reflexionando sobre cuestións éticas, para contribuír ao benestar individual e colectivo dunha sociedade en continua transformación e ao logro dos valores de integración europea.
CA3.1 · Analizar os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a sociedade actual, valorando a diversidade etnocultural ou afectivo-sexual e a cohesión social, e mostrando empatía e respecto por outras culturas e pola igualdade de xénero.
Bloom 422%
CA3.2 · Promover actitudes de igualdade de xénero e condutas non sexistas, analizando e contrastando diferentes modelos na nosa sociedade.
Bloom 518%
Participar na contorna e na vida social de forma eficaz e construtiva desde o respecto aos valores democráticos, aos dereitos humanos e da infancia e aos principios e valores do Estatuto de autonomía de Galicia, da Constitución española e da Unión Europea, valorando a función do Estado e das súas institucións no mantemento da paz e da seguridade integral cidadá, para xerar interaccións respectuosas e equitativas e promover a resolución pacífica e dialogada dos conflitos.
CA3.3 · Resolver de forma pacífica e dialogada os conflitos, promovendo unha interacción respectuosa e equitativa a partir da linguaxe inclusiva e non violenta e explicando e exercitando as principais normas, dereitos, deberes e liberdades que forman parte da Constitución española e da de Unión Europea, e coñecendo a función que o Estado e as súas institucións desempeñan no mantemento da paz, da seguridade integral cidadá e no recoñecemento das vítimas da violencia.
Bloom 528%
CA3.4 · Explicar o funcionamento xeral dos órganos de goberno do concello, das comunidades autónomas, do Estado español e da Unión Europea, valorando as súas funcións e a xestión dos servizos públicos para a cidadanía.
Bloom 432%
Sesións da SdA
12 slides agrupadas en 6 momentos didácticos. Recomendado: 2 sesións longas (90 min) ou 4 curtas (45 min) + 1 sesión final para as eleccións.
Roles da Tenda · evidencia de aprendizaxe
Cada rol pon en xogo competencias específicas. A asignación é a evidencia observable do CA3.4 e CA3.3 (toma de decisións pacífica e estruturada).
| Rol |
Nº persoas |
Tarefa principal |
CAs en xogo |
| Xefe / Xefa |
1 · voto directo |
Dirixe reunións, fai cumprir acordos, representa a tenda ante o profesorado. |
CA3.3CA3.4 |
| Subxefe / Subxefa |
1 · voto directo |
Substitúe, coordina departamentos, supervisa cumprimento de acordos. |
CA3.3CA3.4 |
| Tesourería |
2 · designación |
Controla moedas-tenda, anota préstamos/devolucións, balance semanal. |
CA3.4 |
| Comunicación |
2 · designación |
Carteis, anuncios, atención a queixas e suxestións. Buzón. |
CA3.1CA3.3 |
| Inventario |
2 · designación |
Estado dos xogos, reparacións sinxelas, propostas de incorporación. |
CA3.4 |
| Atención á clientela |
3 · designación |
Apertura/peche en recreos, explicación de xogos, axuda a usuarios novos. |
CA3.1CA3.2 |
Produto final · 3.º trimestre
Eleccións na clase + organigrama operativo da Tenda Sostible
O alumnado vive un proceso democrático en miniatura e remata cunha tenda real funcionando con xefatura electa e departamentos asignados. Os roles permanecen vixentes ata final de curso, con rotacións intermedias se procede.
PASO 1
Candidaturas
Mini-programa de 3 ideas por candidato/a a xefatura e subxefatura.
PASO 2
Debate público
Defensa en 1 min por candidatura + 1 pregunta da aula.
PASO 3
Voto secreto
Papeletas e urna. Sen identificación. Igualdade real de voto.
PASO 4
Reconto público
Apertura da urna diante de todos. Transparencia.
PASO 5
Toma de posesión
Xefatura asigna departamentos. Asinatura de compromisos.